Xogo virtual
XAQUE AO VIRUS
Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante un mes.
Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación online do nenos e nenas instritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde y e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque ao Virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso gran de area.
O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ou valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes tempos que estamos a vivir.
A presentación dun novo reto farase cada día no seguinte blog:
fapaseusebiodaguarda.blogspot.com
Se ese reto supérase entre todos os nenos e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.
A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.
A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.
ATRÉVESTE!
UNIDOS VENCEREMOS