XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA. ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020.
A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade. Premede nas imaxes para máis información.
Por outra banda, informamos ás familias que os días 1, 2 e 3 de xuño farase entrega de diplomas e medallas a aqueles nenos e nenas participantes en "Xaque ao Virus" no Forum Metropolitano de 16:00 a 18:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario