Bos días, familias!
Hoxe traemos o último reto de Xaque ao Virus e queremos agradecer enormemente a vosa participación e o voso esforzo.
De todos modos, non deixedes de botarlle un ollo ao blog o xoves e o venres xa que publicaremos información importante para tod@s.
Aquí vai o reto:
MENTE EN FORMA: FOTÓGRAFOS POR UN DÍA
Agora que xa podemos facer máis actividades e dar moitos paseos, ir á praia, etc. Que vos parece se inmortalizamos eses lugares da natureza que tanto botamos de menos durante todo este tempo?
Con este bo clima que estamos tendo seguro que podedes fotografiar un montón de sitios preciosos ou sinxelamente un recuncho preferido, unhas flores, unha praia... Animádesvos?
Que tal andades de axilidade? Veña, buscade parella!!!

CORPO EN FORMA: QUEN É MÁIS ÁXIL?
Que tal andades de axilidade? Veña, buscade parella!!!
Estades? Moi ben, agora atentos, a continuación deixámosvos tres modalidades, a ver quen é o mais áxil:
- De pé, debemos tocar nun minuto de tempo o maior número de veces os xeonllos do compañeiro evitando que me toque os meus.
- De cuclillas, coma os ananiños, só usando as mans, debemos tirar ao compañeiro ao chan evitando que nos tiren ou caer, moi atentos!!
- Por último, un debe estar tumbado, bocabaixo ou bocarriba, vós decidides, e o outro como queira, de pé, de xeonllos...O que está tumbado ten que estar quieto coma un pau, só pode facer forza para abaixo. O que está de pé, usando todas as artimañas que queira, debe darlle a volta ao compañeiro que está tumbado.
Preparados, listos, XA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario