sábado, 9 de mayo de 2020

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

Ola, olaaa! 

Hoxe deixámosvos unha interpretación da famosa obra "O carnaval dos animais" do compositor Camille Saint-Saëns.

A peza musical deste compositor francés consta de 14 movementos nos que cada instrumento evoca os sons de animais como leóns, cisnes, tartarugas, elefantes, etc. 

Moitos de vós xa coñeceredes esta peza, lembrades como a traballamos intentando discriminar, relacionar e imitar os animais con cada movemento musical? Pásamolo moi ben! 

Os beneficios da música clásica son numerosos para todos os públicos pero moito máis para os nenos que están en pleno proceso de desenvolvemento cognitivo, emocional e social. Axúdalles a desenvolver capacidades como a sensibilidade, a imaxinación, a empatía, ademais do interese cultural. 

Aquí vos deixo o vídeo. Bo sábado, familias! Agardamos que vos guste :) 




No hay comentarios:

Publicar un comentario