CORPO EN FORMA: BUSCA O TESOURO
Para este xogo debemos converternos en auténticos piratas, cada
membro da familia deberá escoller un obxecto para agochar e ensinalo aos demais
para que todos saibades o que tedes que buscar.
Despois, por quendas, agocharedes moi ben agochado o voso
obxecto. Cando estean todos agochados comezará a busca, estades
preparados?
Imos alá!!
MENTE EN FORMA: TANGRAM
O Tangram é un xogo chino moi antigo conformado por 7 figuras xeométricas cuxo obxectivo é formar novas figuras.
Ademais de ser moi entretido para os nenos, xogar con el trae múltiples beneficios como:
1. Promover o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais.
2. Facilitar a aprendizaxe da xeometría plana.
3. Estimular a creatividade.
4. Fomentar a orientación e estrutura espacial.
5. Desenvolver o coñecemento lóxico-matemático.
6. Mellorar a atención.
7. Estimular a memoria visual.
8. Coordinación visomotora.
¡Aímate a xogar co teu pequen@! Os beneficios son múltiples tamén para os adultos.
A continuación deixamos unha plantilla e un vídeo con algún exemplos para facer figuras, aínda que as posibilidades son infinitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario