CORPO EN FORMA
Temos motivo de celebración non? Parece que pouco a pouco imos vencendo e xa nos van deixando saír, e que mellor forma de celebralo que botando un baile. Aquí vos deixo a miña canción favorita do just dance para que bailedes, espero que vos guste:
MENTE EN FORMA
O reto de hoxe consiste en xogar ao clásico "Simon Di" seguramente coñecido por tod@s vós. Traballaremos a nosa atención e memoria así que estade moi concentrad@s. Premede na imaxe e a ver cantas cores sodes capaces de memorizar. Queremos vídeos así que adiaaante! Tamén podedes retar á familia e amigos, pasarédelo moito mellor :)
Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapaseusebiodaguarda@gmail.com
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario