TRIVIAL
Ola chic@s, hoxe imos a polo último queixiño do noso trivial, o queixiño AZUL:
PROBA CORPO EN FORMA:
PROBA 1: Coloca todos os zapatos que poidas nunha pila, todos xuntos e desordenados. Colócate a 5m da pila, á voz de xa! sal correndo, busca os teus zapatos, cálzate e volve. Farémolo unha vez correndo, outra a catro patas e outra saltando. Reta a toda a familia, quen será o máis rápido??
PROBA 2: Colle unha pelota, quietos no sitio debedes palmear a pelota coas dúas mans 15 veces sen que caia ao chan.Tedes 5 intentos.
PROBA MENTE EN FORMA:
A proba de hoxe centrarémola na reciclaxe, sabemos o importante que é reciclar e protexer o planeta así que aí vai un pequeno repaso dos colectores que debemos utilizar para facelo correctamente.
A proba consiste no seguinte:
Escolle tres residuos que debas depositar en cada un dos colectores.
Amosámosche algúns exemplos:
No colector azul poderás meter papeis usados, caixas de cartón, xornais, revistas, bolsas de papel, etc.
No colector verde podemos depositar envases de vidrio, por exemplo botellas ou refrescos de cristal.
No colector amarelo introdúcese maioritariamente plástico pero ademais hai moitos envases coma os tetrabriks ou latas que tamén deposítanse aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario