jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO

Boas, rapaces! 

Hoxe é día 23 DE ABRIL e como todos os anos, celébrase O DÍA DO LIBRO por todo o mundo para rendir unha homenaxe aos libros e aos seus autores. 


Esta celebración ten como obxectivo fomentar o pracer pola lectura e respectar a contribución dos escritores ao progreso social e cultural. Por iso, pensamos nun par de ideas sinxeliñas para traballar este día. 

Por unha banda, presentámosvos unha idea para facer MARCAPÁXINAS a partir dun vídeo. A continuación, deixámosvos unhas fotos duns exemplos feitos  polos nenos este ano. Gustáronlles moito! 






A segunda actividade consiste en elaborar un MINILIBRO. O blog da biblioteca escolar e literatura infantil Biblioabrazo propón esta actividade para os máis pequenos consistente na fabricación dun libriño con tan só unha folla de papel e un pouquiño de imaxinación. Aquí vos deixamos a ligazón onde tamén veredes exemplos:


Se ademais eres un amante da lectura e queres ensinarnos o teu recuncho favorito para ler na casa, presentarnos o libro que máis che gusta ou calquera actividade relacionada co Día do Libro, podes facelo enviando as túas fotos e vídeos. A ver cantos lectores temos na casa! Animádevos! :) 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com 


No hay comentarios:

Publicar un comentario