CORPO EN FORMA: "SOPRA O VIRUS"
Como sabedes, reciclar é unha actividade moi importante, despois de estar tantos días na casa, estamos seguros de que tedes moitas cousas para reciclar, pois a actividade de hoxe vai ir un pouco por aí.
Comezaremos facéndonos cun par de cousas, precisaremos: un canutillo de papel de cociña (tamén vale de papel hixiénico), un papel de periódico ou folio para reciclar e unha pelota de pin-pon (se non tedes tamén podedes facer unha boliña de papel). Todo isto por persoa.
Unha vez temos todo comezaremos por facer un cucurucho co papel, unha vez o teñamos, pegarémolo por fóra dunha beira da mesa. Nós, poñerémonos co noso canutillo e a nosa pelota pola outra beira da mesa.
O xogo consiste en ir soprando polo noso canutillo a pelota ata encestala no noso cucurucho.
Estades preparados? 3,2,1...IMOS!!
MENTE EN FORMA:"CREANDO MÚSICA"
E se estimulamos o noso talento artístico facendo divertidos instrumentos musicais caseiros? Podemos utilizar un montón de materiais que temos por casa para construílos. Por exemplo: botellas ou cubertos de plástico, cartóns, chapas de bebidas, latas, sementes, globos, cartóns de papel hixiénico ou de cociña, etc.
A continuación, amosámosche algunhas ideas para elaborar maracas e tambores pero hai moitísimas ideas máis.
Se vos gusta a música, pode ser unha fantástica forma de divertirse en familia. Atréveste?
A ver que orixinais vos quedan!
Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapaseusebiodaguarda@gmail.com
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario