lunes, 20 de abril de 2020

RETO 13


Ola rapaces, que tal? A ver, a quen lle gusta o circo? E os paiasos?
Hoxe traémosvos un reto suuuuper divertido, imos aprender a facer malabares!

Para a nosa MENTE EN FORMA, imos facer as bólas, para iso necesitaremos: Arroz ou lentellas, globos, un vaso, un embude, unha botella e tesoiras.


Imos alá:

1. Primeiro enchemos o vaso co arroz ou as lentellas; tomando sempre a mesma medida, e vertémolos na botella coa axuda do embude.




2. Inflamos un pouco un globo e poñémolo no colo da botella. Non hai que inflalo demasiado xa que pode deformarse. Dámoslle a volta pasando o recheo ao globo.


3. Sacamos a botella e cortamos o pitorro do globo, de forma que nos quede un buraco.


4. Finalmente, previo corte de pitorro, montamos outro globo enriba, cubrindo o buraco do anterior. Podemos poñer os globos que queiramos para darlle máis resistencia.



Agora que xa temos as nosas bólas, imos co CORPO EN FORMA, deixámosvos este vídeo onde explica como facelo con dúas pelotas.




E para os máis avanzados, con tres.





Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario