viernes, 17 de abril de 2020

RETO 12

PROBA CORPO EN FORMA: "CARREIRA DE PINGÜÍNS

O reto de hoxe chámase carreira de pingüíns! 

Para este reto precisaremos: unha tina, un cesto, un baúl ou calquer recipiente que poidamos poñer no chan con espazo para gardar un montón de xoguetes, peluches, pelotas ou obxectos pequenos que teñades pola casa. 

O reto consiste en colocar os obxectos nun punto e a cesta a unha distancia aproximada de 4 metros. Saímos dende os obxectos, colocando de un en un no medio das pernas, e así levalo e deixalo dentro da cesta. A ver quen é capaz de levar máis cousas nun minuto de tempo e así conseguir máis antivirus!




PROBA MENTE EN FORMA: "LENTELLAS MÁXICAS"


Hoxe traemos un experimento moi sinxelo: "lentellas máxicas" (tamén podes facelo con outros tipos de legumes que teñas na casa).

O experimento consiste en facer xerminar lentellas en algodón para que se convertan nunha bonita planta.


Os materiais que imos precisar son os seguintes:


-Vaso ou recipiente de iogur, por exemplo.

-Algodón
-Auga
-Legumes, neste caso lentellas.

O primeiro paso é introducir o algodón no fondo do vaso.


A continuación, botamos un pouquiño de auga e empapamos todo ben.


Por último queda ir colocando as lentellas. Debemos apretalas un pouco contra o algodón e xa teríamos preparado o noso experimento. Agora só temos que esperar uns días para ver como xerminan as nosas lentellas.





Pero, que ocorreu aquí? Como é posible que as lentellas medren así, nesas condicións?
O proceso chámase xerminación, é aquel polo cal unha semente medra cando se atopa en condicións favorables, que non son máis que a presenza de osíxeno, a temperatura e a auga.

Gustouche o experimento? Agardamos as túas fotos e vídeos plantando as legumes. Pasados uns días, veremos o resultado e poderás ensinarnos a túa planta. Estás preparad@?


fapaseusebiodaguarda@gmail.com



LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario