miércoles, 22 de abril de 2020

RETO 14

Bos días, familias!

Hoxe, 22 de abril celébrase O día Mundial da Terra. Como sabemos, todos podemos colaborar para reducir o noso impacto ambiental no planeta con accións sinxelas como: usar menos recursos, especialmente auga e enerxía, xerar menos residuos, reusar e reciclar no posible.




Por iso, pensamos en plantexar o reto de xeito que podamos aportar o noso pequeno gran de area na conmemoración deste día. 


MENTE EN FORMA: AMBIENTADOR ECOLÓXICO

Prepararemos un ambientador, pero non deses que utilizamos a diario e que conteñen tantas substancias tóxicas, senón un ambientador caseiro e o máis importante, ecolóxico.

Poderás personalizar o aroma que prefiras escollendo os ingredientes que máis che gusten para a súa elaboración: canela, lavanda, limón, laranxa, cravo, tomillo ou outras fragancias naturais.

Nós eliximos laranxa, canela e cravo. 

IMPORTANTE : Debedes pedir axuda a un adulto para preparar o voso ambientador.

Necesitas: 1 laranxa, dúas ramiñas de canela, 10 cravos de olor e 1 l de auga.

Para preparalo: Coloca a agua nun cazo a lume medio-alto. Agrega a laranxa cortada en rodaxas, a canela e os cravos de olor. Unha vez comece a ferver, cociña a lume medio durante 15 minutos aproximadamente. Despois, retira do lume e deixa que se enfríe. Unha vez frío, cola o contido do cazo e chea un recipiente pulverizador co líquido concentrado. 

E xa temos o noso ambientador ecolóxico! Verás que aroma máis agradable deixa na casa só con facelo ;) 



CORPO EN FORMA: PERCORRIDOS DIVERTIDOS 

Xa estamos de volta cun novo reto para vós!! Sabiades que o pasado sábado foi o día mundial do circo?

No último reto fixemos a nosa pequena homenaxe aos paiasos, pero nos circos non só hai paiasos; a xente dos circos, ten que ter moita axilidade e velocidade de reacción ademais de moita imaxinación porque xa sabemos que no circo pode pasar calquera cousa en calquera momento, non si?

Hoxe retamos a vosa axilidade, velocidade de reacción e a vosa imaxinación, imos alá! Comezaremos facéndonos cuns folios para reciclar e un lapis.

O noso reto consistirá en debuxar en cada folio un pé dereito ou esquerdo ou unha man dereita ou esquerda, só un en cada folio, e só por unha banda; cantos máis, mellor.
Un conselliño, agora que non nos ve ninguén, se vos descalzades e debuxades o voso pé é mais divertido!!

Unha vez teñamos os nosos pés e as nosas mans, xa podemos proceder:


No chan deberemos colocar de tres en tres e cara adiante, por exemplo, dous pés e unha man, facendo un percorrido que despois deberemos imitar o máis rápido posible poñéndonos enriba del. Deixámosvos o noso exemplo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario