viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6

PROBA CORPO EN FORMA: "Foto-animais"


Como sabemos que moitos de vós sodes amantes dos animais, achegámosvos un reto para manter o corpo en forma. Trátase de buscar os vosos animais favoritos e sacar unha foto con eles en diferentes posicións. Para que saibades como facelo, amosámosvos este vídeo.




PROBA MENTE EN FORMA:"Muíños de papel"


Con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que, como sabedes, celebrouse onte, propoñemos seguir a iniciativa do Concello de Abarán que se presenta a continuación para dar máis visibilidade aos nenos e nenas con TEA.

A actividade consiste en facer un pequeno muíño e poñer unha tea ou papel azul no noso balcón, terraza ou ventá.






É sinxelo, non? Seguro que o faredes moooi ben ;)


Por eses nenos e adultos con TEA que están a facer dobre esforzo na corentena!


Espero as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.