Bos días, familias!
Como levades a corentena?
Agora máis que nunca sabemos que pasar obrigadamente tanto tempo na casa sen realizar esas actividades que adoitamos facer a diario acaba resultando un pouco molesto para o corpo pero tamén para a mente. Así que amosarei unha serie de exercicios para desentumecer un pouco o corpo, aumentar a flexibilidade e a atención, facilitar a relaxación e reducir o estrés e as tensións que poidamos estar acumulando estes días.
PROBA CORPO EN FORMA: "Saúdo ao sol"
O saúdo ao sol é unha secuencia formada por diferentes posturas ou asanas. Sírvenos para estirar e tonificar os músculos e normalmente utilízase previo á práctica do ioga. Entre os seus beneficios están tonificar e revitalizar todos os músculos do corpo e dar flexibilidade ás articulacións.
Podemos practicalo todas as mañás despois de erguernos ou ben antes de deitarnos para poder durmir mellor.
A proba consiste en realizar a secuencia do "Saúdo ao sol". Dependendo da idade podemos simplificar a secuencia reducindo o número de posturas.
A continuación déixovos unha imaxe que mostra a secuencia completa. Non esquezades a respiración ;)
PROBA MENTE EN FORMA: "Rutina canto conto"
Agora xa coñecemos o saúdo ao sol e a seguinte actividade está directamente relacionada con el.
A proba consiste en inventar un conto ou historia para facer a secuencia de posturas que acabamos de aprender. Cada postura ten que relacionarse con aquilo que vaiamos contando.
Aquí vos amoso un exemplo que atopei na páxina "Sigil of Dreams" e pareceume moi boa idea:
Se vos apetece, deixo tamén o enlace á páxina onde se explica como ir guiando aos nenos e nenas, é moi interesante!
ESTADES PREPARADOS?
Espero as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapaseusebiodaguarda@gmail.com.
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.