TRIVIAL
Que tal, rapaces? Hoxe plantexaremos as probas para conseguir o queixiño VERDE
PROBA CORPO EN FORMA
PROBA 2: Tes que atopar o obxecto agochado. Escolle un axudante que te guiará pola casa dicíndoche frío se estás lonxe, temperado se estás preto e quente se estás moi moi preto.
SIGAMOS!!
PROBA MENTE EN FORMA
Bueno chic@s, para esta proba imos deixarvos liberdade en canto ás respostas dado que a idea é que, xa que podemos saír deste confinamento un ratiño todos os días, gustaríanos que nos ofrecésedes os vosos mellores momentos fóra da casa.
Deixámosvos algunhas ideas para facer fotos, vídeos ou o que vos pareza máis divertido.
- O primeiro e máis importante, podes ensinarnos o guap@ e protexid@ que vas coa túa máscara que, como ben sabes, é obrigatoria.
- Facendo o teu deporte favorito.
- Xogando con algo que só podas utilizar na rúa, por exemplo, un patinete, unha bici, etc.
- Ensinarnos un dos teus lugares favoritos, incluso podes retarnos a adiviñar de que sitio se trata.
Ocórreseche algún momento máis para inmortalizar e poder compartilo con todos nós? A que esperas? Estamos desexando vervos de novo disfrutando dos vosos momentos de ocio.
Unha aperta e moito ánimo, rapaces, cada día queda menos ; )
No hay comentarios:
Publicar un comentario