sábado, 11 de abril de 2020

COCIÑA EN FAMILIA


Boas tardes, familias! 
Hoxe deixámosvos unha receita moi atractiva para os nenos e nenas que non pode faltar nestas datas:

OVOS DE CHOCOLATE


Se queres que publiquemos a túa receita favorita no blog, podes enviala a:

fapaseusebiodaguarda@gmail.com

Tamén agardamos as vosas respostas dos retos, o luns teremos o reconto semanal ;) 

viernes, 10 de abril de 2020

RETO 9


CORPO EN FORMA: "Pesca o antivirus"

Para este reto necesitaremos un montonciño de bólas de algodón, un pouquiño de crema e unha taza ou cunca para cada participante.

Cada un teremos o noso montonciño de bólas, poñeremos unha pouca crema na punta do nariz e as mans colocadas na espalda. Nun minuto de tempo teremos que meter co nariz o maior número de boliñas posible na cunca. Non vale tocar coas mans!!!



MENTE EN FORMA: " Enredo de palabras" 

Outra actividade que potencia a atención e a memoria, ademais da nosa rapidez e precisión na fala, é un recurso tan valioso como os trabalinguas. Rétovos a elixir o trabalinguas que máis vos guste e recitalo o mellor que poidades. Amósovos algúns exemplos. 


Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.


RESPOSTA RETO 8

Bos días, rapaces! 

Unha vez máis deixamos as respostas de Raquel e Víctor, que xa levan superados moitos retos. Moitas grazas por seguir participando, chicos! Así de ben lles quedaron as caras comestibles :) 



jueves, 9 de abril de 2020

OVOS DE PASCUA

Existen unha morea de ideas sobre manualidades con ovos de pascua. Achegámosvos algunhas para facer na casa agardando que sexan do voso agrado. 

Pasádeo moi ben e, xa sabedes, se vos apetece enviarnos as vosas creacións, xa sexa en fotos ou vídeos, podedes facelo ao seguinte enderezo:

fapaseusebiodaguarda@gmail.com

Lembra que tamén podes enviarnos os retos superados e sumar puntos para o cole ; ) 

OVOS CON PATACAS 


OVOS CON FIOS DE CORES OU TAPÓNS


OVOS CON FOLIOS, CARTULINAS, REVISTAS, XORNAIS... 


NON TE ABURRAS!!

Gústavos ler? E as películas? Non podedes perder este vídeo, aí atoparedes todo o necesario para facervos cun montón de libros e películas en todos os idiomas!!




miércoles, 8 de abril de 2020

RETO 8


PROBA CORPO EN FORMA: "O baile do cadrado"

Hoxe levantámonos un pouco bailaríns polo que vos achegamos un pequeno reto musical que consiste en replicar todo ou unha parte do famoso "baile del cuadrado". Aquí volo deixamos. 


Ánimo que sabemos que sodes todos uns artistas!!

PROBA MENTE EN FORMA : "Caras comestibles"

Elixe a froita, verdura ou calquer alimento que che guste: pera, plátano, laranxa, mazá, uvas, piña, tomate, cenoria, etc. 

Unha vez elixido, insértalle ollos, nariz, cellas, boca e divertidos accesorios como pelucas, sombreiros ou gorras. Crea un  personaxe expresando o teu estado de ánimo. 

Constrúe a túa cara e ensínanos que ben quedou! Tamén podes facelo con caras de animais ou o que máis che apeteza. 




Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.



RESPOSTA RETO 7

Bos días, familias! 
Hoxe, superando o reto 7 temos a Víctor, que xa leva moitos puntos sumados para o cole. Ademais, fixo unha variante de "Mente en forma" moi chula. 

Moitas grazas, Víctor :)




Tod@s atent@s porque ás 12:00 temos novo reto!!!



martes, 7 de abril de 2020

Día Mundial da Saúde

Cada 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Neste momento é importantísimo apoiar a todo o colectivo sanitario, que tanto están a facer por todos nós loitando sen descanso. 


Seguro que tes algún familiar, amigo ou coñecido sanitario ao cal queres facerlle unha homenaxe. 

Se queres presentarnos ao teu Heroe ou Heroína da Saúde podes facelo xa sexa mediante debuxos, fotos, vídeos, textos... ao noso enderezo de correo electrónico:


fapaseusebiodaguarda@gmail.com 



lunes, 6 de abril de 2020

RETO 7

PROBA CORPO EN FORMA: "De oca a oca"

De oca a oca e tiro porque me toca! 

Estamos seguros de que todos xogastes alguna vez ao xogo da oca, bueno pois hoxe achegámosvos unha oca moi especial, a oca anticoronavirus, a ver esas fotos e vídeos dos exercicios!! 




PROBA MENTE EN FORMA: "Repite o código musical" 

Con esta actividade exercitaremos, entre outras cousas, a nosa atención, concentración e memoria. Ademais disfrutaremos da música e canalizaremos a nosa enerxía. Déixovos un exemplo, podedes facelo con maior ou menor dificultade dependendo da idade e coa música que máis vos guste. Vexamos cantas improvisacións podedes facer ;) 



Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

ITINERARIOS VIRTUAIS

De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear...


Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos apaixoantes.


Que vos parece?


Moitos de vós seguramente xa paseastes con nós e cos vosos profes outros anos... pero este ano imos facelo todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o conseguiremos!


Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e poidades ensinarlla dun xeito divertido e diferente ás vosas familias.


Animádesvos?


Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook 




Preme na seguinte imaxe e que comece a viaxe!

CLASIFICACIÓN 2

Tras dúas semanas de xogo e 6 retos superados a puntuación xeral achégase aos 10.000 puntos



RESPOSTA RETO 6


  Chloe e Noa. Mirade que foto tan divertida! :) 


Muíños azuis de Víctor, Noa e Chloe. Quedáronlles chulísimos! 





domingo, 5 de abril de 2020

RESPOSTAS COCIÑA EN FAMILIA

Aquí temos a Chloe e Noa elaborando a súa receita favorita en familia: galletas de manteiga con chips de chocolate. Ummmm, que pintaza! Estupendo, chicas! 


"Joy e Heron" O valor da empatía

A empatía consiste na capacidade de poñerse no lugar do outro. Na seguinte historia coñeceredes a Joy, un pequeno e adorable can que goza dunha boa tarde de pesca co seu amo ata que unha garza (Heron) intenta apoderarse dos vermes do seu cebo. Joy intenta evitar que isto suceda ata que se percata de que a garza o único que desexa é alimentar aos seus polos. 
Como credes que reaccionará Joy? Porase no seu lugar? E Heron? 
Queredes descubrilo? Aquí volo deixo ;)



sábado, 4 de abril de 2020

COCIÑA EN FAMILIA

E se probamos a facer algo moi sinxelo e moi rico esta fin de semana? Atentos e atentas que en 4 pasiños de nada temos un arroz con leite boísimo.


Atrévete a facer fotos ou vídeos da túa sobremesa favorita en familia e poderemos publicalos no blog. 
Ademais, non esquezades enviar as respostas dos retos, falta moi pouquiño para a clasificación semanal :) 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com


Feliz sábado! 


viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6

PROBA CORPO EN FORMA: "Foto-animais"


Como sabemos que moitos de vós sodes amantes dos animais, achegámosvos un reto para manter o corpo en forma. Trátase de buscar os vosos animais favoritos e sacar unha foto con eles en diferentes posicións. Para que saibades como facelo, amosámosvos este vídeo.




PROBA MENTE EN FORMA:"Muíños de papel"


Con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que, como sabedes, celebrouse onte, propoñemos seguir a iniciativa do Concello de Abarán que se presenta a continuación para dar máis visibilidade aos nenos e nenas con TEA.

A actividade consiste en facer un pequeno muíño e poñer unha tea ou papel azul no noso balcón, terraza ou ventá.






É sinxelo, non? Seguro que o faredes moooi ben ;)


Por eses nenos e adultos con TEA que están a facer dobre esforzo na corentena!


Espero as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

jueves, 2 de abril de 2020

SAÚDO AO SOL


Boas tardes, familias!

Que facedes esta tarde? ;)

Déixovos outro exemplo para facer o SAÚDO AO SOL, actividade do RETO 5. Neste caso a partir dunha canción. 

Animádevos a mandar vídeos do RETO 5 e sumar máis puntos para o cole.

PODEDES FACELO!


                               fapaseusebiodaguarda@gmail.com





Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

#DiaMundialAutismo2020

Bos días a todos/as!

Hoxe falaremos sobre a conmemoración deste día, sabedes que se celebra cada 2 de abril? Pois o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de Abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para destacar a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e promover unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Por iso, cada ano, o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de concienciación, en coordinación con Autismo Europa, para visibilizar a realidade do colectivo, as súas capacidades, prioridades e necesidades.

A campaña deste ano é a seguinte:




Baixo o lema "Podo APRENDER. Podo TRABALLAR" este ano preténdese centrar a atención  en dous eixos fundamentais:

  • O acceso á educación e a un empleo de calidade que se adapte ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.
  • Crear e manter os servicios de apoio necesarios e promover a accesibilidade do colectivo en todos os sectores.

Se queres apoiar a campaña e mostrar así o teu compromiso e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias, tan só tes que compartir nas túas redes sociais unha foto, un vídeo ou un gif facendo o xesto da campaña xunto ao hashtag #DiaMundialAutismo




PODERÁS FACELO? ;)




miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5

Bos días, familias!

Como levades a corentena?

Agora máis que nunca sabemos que pasar obrigadamente tanto tempo na casa sen realizar esas actividades que adoitamos facer a diario acaba resultando un pouco molesto para o corpo pero tamén para a mente. Así que amosarei unha serie de exercicios para desentumecer un pouco o corpo, aumentar a flexibilidade e a atención, facilitar a relaxación e reducir o estrés e as tensións que poidamos estar acumulando estes días. 

PROBA CORPO EN FORMA: "Saúdo ao sol"

O saúdo ao sol é unha secuencia formada por diferentes posturas ou asanas. Sírvenos para estirar e tonificar os músculos e normalmente utilízase previo á práctica do ioga. Entre os seus beneficios están tonificar e revitalizar todos os músculos do corpo e dar flexibilidade ás articulacións.
Podemos practicalo todas as mañás despois de erguernos ou ben antes de deitarnos para poder durmir mellor.

A proba consiste en realizar a secuencia do "Saúdo ao sol". Dependendo da idade podemos simplificar a secuencia reducindo o número de posturas. 

A continuación déixovos unha imaxe que mostra a secuencia completa. Non esquezades a respiración ;)




PROBA MENTE EN FORMA: "Rutina canto conto"

Agora xa coñecemos o saúdo ao sol e a seguinte actividade está directamente relacionada con el. 
A proba consiste en inventar un conto ou historia para facer a secuencia de posturas que acabamos de aprender. Cada postura ten que relacionarse con aquilo que vaiamos contando.
Aquí vos amoso un exemplo que atopei na páxina "Sigil of Dreams" e pareceume moi boa idea:


Se vos apetece, deixo tamén o enlace á páxina onde se explica como ir guiando aos nenos e nenas, é moi interesante!


ESTADES PREPARADOS?

Espero as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapaseusebiodaguarda@gmail.com.

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.



RESPOSTA RETO 4

Seguimos sumando puntos para o cole, que traballadores estades! Así me gusta!
Gustaríame agradecer, coma sempre, as vosas aportacións e o esforzo que facedes as familias axudando e colaborando cos rapaces e rapazas. BO TRABALLO! :)

E aquí temos a Víctor superando exitosamente o seu cuarto reto! Moi ben! Eres todo un campión! 




Lía e Noa 



Mirade que ben quedaron os "tarros das cousas boas", moi bonitos e orixinais!





Noa e Chloe


"Os caixóns dos desexos", que bonitos!!